Os alumnos de Los Sauces queren gañarlle a carreira á leucemia
Por Mónica Patxot
Alumnos do colexio Los Sauces correron este mércores polas rúas para recadar fondos para o Proxecto Corre contra a leucemia infantil.
Non só foron as rúas de Pontevedra tamén as de La Moraleja, Torrelodones, Vigo e Dublín.
Esta iniciativa que promove a Fundación Un entre cen mil, nace coa vocación de gañarlle a carreira á leucemia infantil para que ningún neno teña que volver correr contra ela.
Só hai un rival a bater, a leucemia infantil, e 100.000 dorsais para vencela.
De modo que cada participante puxo un euro para conseguir o seu dorsal. En total 500 números, aínda que a chuvia impediu correr pola rúa aos máis pequenos que quedaron no cole.
Esta campaña conta co apoio do "Cholo" Simeone, Juan Diego Botto, Carmen Posadas, Jon Sistiaga, Marlango, entre outros.