"Nada que celebrar polo 1 de Maio"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A do 1 de maio é unha xornada festiva, pero 6 millóns de españois non teñen nada que celebrar no Día Internacional do Traballo. 8.666 pontevedreses seguen rexistrados como demandantes de emprego.
En Galicia o número de desempregados alcanza cifras históricas, 280.000 persoas, o 22% da nosa poboación activa. Dende o inicio da crise, máis de cen mil galegos, principalmente mozos menores de 35 anos, emigraron en busca de traballo. Con eles, o desemprego real supera o 30%.
Preto de medio millón de galegos están baixo o albor de pobreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.
ÿ polo tanto unha xornada de reivindicación, de loita.
No caso do sindicato CIG as críticas dirixíronse a Europa pola deterioración das condicións laborais e o paro "Contra a explotación e a pobreza".
O secretario comarcal de CIG Pontevedra, Marcos Conde, destacou que as políticas promovidas dende a Unión Europea, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Goberno Español, están estrangulando a economía galega, a nosa pesca, o noso sector agrogandeiro, o sector naval, o sector do comercio ou o noso sector financiero. Dende a central nacionalista advirten que o noso pobo sofre un éxodo propio dun país empobrecido, colonizado e utilizado como man de obra barata para os países ricos e as grandes multinacionais que gobernan Europa.