Ciencias Sociais estrea decano... ata outubro
Por Redacción
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ten novo decano. Celso Cancela ven de ser nomeado para o cargo en funcións logo de que o actual responsable, Juan Manuel Corbacho, asumira as responsabilidades como novo vicerreitor do campus de Pontevedra. O nomeamento ten unha data de caducidade moi curta, pois terá que haber novas eleccións en seis meses.
Segundo informa a Universidade de Vigo, o nomeamento de Juan Manuel Corbacho como novo vicerreitor obrigaba ao seu inmediato relevo como decano, cargo que asumía desde outubro de 2011. O elixido foi o actual vicedecano de Asuntos Económicos e Infraestruturas, Celso Cancela, ao que o reitor, Salustiano Mato, vén de nomear novo decano en funcións coa encomenda de convocar eleccións antes do 31 de outubro de 2014.
O nomeamento non implicará maís cambios na dirección do centro, da que forman parte Carmen López de Aguileta, José Pita e Jesús Pérez coma vicedecanos e Alberto Dafonte como secretario da facultade.
O novo decano, profesor do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía e coordinador do grao en Dirección e Xestión Pública, ten como obxectivo para esta nova etapa completar con normalidade o curso en marcha e deixar ultimados todos os preparativos do curso 2014/2015, así como "darlle unha continuidade normal á vida do centro ata a convocatoria de eleccións