Ponte Caldelas e Soutomaior comparten unha estación de bombeo
Por Redacción
Os alcaldes de Ponte Caldelas e Soutomaior, Perfecto Rodríguez e Agustín Reguera, visitaron a nova estación de bombeo instalada na contorna da ponte sobre o río Oitavén, na estrada PO-244 (Ponte Caldelas Arcade) para comprobar o seu funcionamento.
Esta estación de bombeo, que terá un mantemento compartido por ambos concellos, permitirá poñer en servizo a rede de saneamiento nos lugares de Aranza (Soutomaior) e Silvoso (Ponte Caldelas). A obra foi financiada pola Diputación Provincial e finalizou este verán.
Saneamiento en Silvoso
A rede de saneamiento do núcleo de Silvoso foi instalada xa polo Concello nos últimos anos na maior parte do lugar. No seu momento o Alcalde suscitou a Augas de Galicia a posibilidade de que esta rede de alcantarillado puidese ser depurada na EDAR de Comboa, situada no municipio de Soutomaior, e que xestiona a Xunta de Galicia.
No ano 2010 Augas de Galicia autorizou esa posibilidade, condicionándoo a que ambos concellos compartisen a estación de bombeo intermedia necesaria para bombear desde a ponte da PO-244 ata a EDAR.
A Deputación financiou esa actuación a solicitude de ambos concellos, e agora a súa posta en funcionamento permitirá que se poida poñer en servizo a rede de alcantarillado nos lugares de Silvoso e Aranza.
En 2010 o Concello de Ponte Caldelas construíu o colector que conecta o lugar de Silvoso co colector principal no cruzamento de Aranza.
Perfecto Rodríguez espera que antes do final de ano gran parte das vivendas do lugar de Silvoso poidan contar xa con servizo de saneamiento, calcúlase que en torno a 100 vivendas e máis de 200 habitantes. Na rede de colectores en Silvoso, o Concello investiu nos últimos 4 anos preto de 300.000 euros.