As mans limpas salvan vidas
Por Redacción
O Día Mundial da Hixiene de Mans celébrase este lunes, día 5 de maio, en miles de hospitais e centros de saúde de todo o mundo, co obxectivo de contribuír a mellorar a seguridade do paciente.
A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés participa neste proxecto coa programación de diversas actividades para concienciar a profesionais sanitarios, pacientes e usuarios, sobre a importancia da hixiene de mans, considerada como a principal medida para previr as infeccións relacionadas coa atención sanitaria.
Entre outras actuacións colocáronse carteis informativos co lema As mans limpas salvan vidas, co obxectivo de transmitir que todos podemos axudar a previr e controlar este tipo de infeccións, con algo tan sinxelo como unha adecuada hixiene de mans.
Os carteis foron elaborados coa colaboración de persoal sanitario, pacientes e familiares, que plasmaron as pegadas en diversos colores, e permanecerán expostos ao longo desta semana en lugares estratéxicos dos hospitais Montecelo, Provincial, do Salnés, Centro de Especialidades de Mollabao e nos 45 centros de saúde e os 9 puntos de atención continuada da área de Pontevedra e Salnés.