Unha muller acepta dous anos de prisión por tratar de comprar diñeiro falso ao fillo de Pablo Vioque
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra resolveu cun acordo por conformidade o xuízo contra Mónica C.G., unha veciña da Estrada, que adquiriu moeda falsa para a súa posta en circulación.
Pola autoría deste delito, en grao de tentativa, acepta unha condena de dous anos de prisión e quince mil euros de multa. Isto supón unha rebaixa fronte aos tres anos e medio de prisión e o pagamento dunha multa de 120.000 euros que pedía a Fiscalía.
A procesada admitiu que tras ter coñecemento de que Pablo Vioque Lages, fillo do falecido letrado e narcotraficante Pablo Vioque Izquierdo, dispoñía de numerosos billetes falsos, negociou con el a adquisición dunha importante cantidade deste diñeiro.
Mónica C.G. o 11 de abril de 2011, púxose en contacto con Vioque e, tras recibir un billete de mostra, concertou a compra dun total de 120 billetes falsos de 500 euros. En total de 60.000 euros en moeda falsa polos ía a pagar ao seu subministrador a cantidade de 3.000 euros. Vioque Lages xa foi condenado por estes feitos.