Un videoxogo e maquillaxe, no punto de mira de dous 'cacos' adolescentes
Por Redacción
Ela intentou furtar un frasco de maquillaxe. El fixo o propio cun videoxogo para a PlayStation 3. Son dous menores e ademais da súa idade (14 anos) teñen en común que o sábado 17 de novembro foron identificados pola Policía Nacional por cometer senllos delitos de furto.
A rapaza foi identificada sobre as 12.45 horas. A encargada da perfumaría Bodybell de Benito Corbal sorprendeuna cando trataba de ocultar entre as súas roupas un frasco de maquillaxe valorado en 16,61 euros.
O rapaz foi 'pillado' sobre as 20.10 horas no centro comercial Carrefour. Sorprendérono cando pretendían saír da tenda cun videoxogo da PS3 e unha ferramenta multifunción valorados en 69,90 euros.
En ambos os dous casos, a Policía Nacional identificounos e ao comprobar que eran menores puxo os feitos en coñecemento dos seus pais, que se fixeron cargo deles.