Fernández Alvariño fai unha "defensa acérrima de ENCE" ante a "incerteza" sobre o seu futuro
Por Oskar Viéitez
O presidente da Confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, fixo unha "defensa acérrima de ENCE" pola súa importancia económica para Galicia "que no se discute en absoluto".
Fernández Alvariño compareceu en rolda de prensa en Pontevedra tras visitar as instalacións do Porto de Marín e o complexo industrial de ENCE en Lourizán, referíndose ao comunicado emitido pola empresa pasteira no que sostén que a "incerteza" sobre a concesión na ría de Pontevedra máis alá do ano 2018 obrigou ao grupo empresarial a "manter paralizadas todos os investimentos nesta factoría", unha situación que "pon seriamente en risco o seu futuro".
Segundo os datos ofrecidos polo presidente da patronal galega, ENCE significa na provincia entre o 12 e o 15% do PIB, unha cifra que valorou como "impresionante" e que xunto aos seus 200 millóns de euros de facturación anual e os miles de empregos entre directos e indirectos que xera, denotan la fuerza de esa compañía que tiene una serie de incomodidades o inquietudes que pueden promover que los inversores privados, que son muy exigentes, hagan que la fábrica de Pontevedra pase de ser una referencia a una fábrica normal del grupo y con grandes peligros, afirmou.
"Tenemos la gran suerte de que ENCE esté en Galicia", reiterou o presidente da Confederación de empresarios que insistiu en que "el capital privado ante la más mínima inseguridad tiene toda la potestad del mundo y mi aplauso en tomar todas las medidas que tenga que tomar".
"Si no veo seguridad, apoyos, si no veo cariño, pues mis cariños se trasladan a otros sitio", dixo
"Si no veo seguridad, apoyos, si no veo cariño, pues mis cariños se trasladan a otros sitio", apuntou Fernández Alvariño apelando á "inteligencia de todos" en valorar a empresa Ence pola súa "verdadera importancia", respecto á xeración de riqueza e postos de traballo. Nestes momentos, dixo o presidente da CEG, "no nos sobra ni empleo ni riqueza", polo que cominou a "no tirar piedras contra nuestro propio tejado".
"Necesitamos contratación sin apellidos" dixo o presidente dos empresarios galegos en referencia ás súas polémicas declaracións nas que cuestionou a formulación sindical de xerar emprego e de calidade.
Neste sentido, o presidente da patronal apelou ao seu "eterno optimismo" para reafirmarse na súa convicción de que o PIB "crecerá mucho más" en Galicia que España, en concreto "un 0,2 o un 0,3 por encima" das previsións da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) que sinalan para un crecemento do 1,5% para o conxunto da economía española.
Galicia "crecerá más" da man de sectores punteiros como a automoción a pesca, a construción naval, o sector forestal ou o tráfico portuario.
Neste punto lanzou unha mensaxe ao Goberno de España recordando que os cinco portos de interese xeral do Estado "son os motores económicos de Galicia" polo que "pedimos que se complementen y se coordinen, al igual que en su día les pedimos a los aeropuertos, para que respetando su libertad, independencia y gestión puedan aprovechar las extraordinarias posibilidades de crecimiento que tienen". En concreto, indicou que "Galicia tiene que ofrecerse como un solo puerto con cinco posibilidades de ubicación".
Relacionadas:
-
ENCE paraliza investimentos por 45 millóns en Lourizán ata saber se lle renovan a concesión
Por Redacción |
-
Ence afirma que a "incerteza" sobre a fábrica de Pontevedra "pon en risco o seu futuro"
Por Oskar Viéitez |
-
Salvemos Pontevedra asegura que o Supremo ratifica o cesamento da actividade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR asegura que ENCE verte bacterias fecais á ría que afectan "decisivamente" ao marisqueo
Por Oskar Viéitez |