A APDR asegura que ENCE verte bacterias fecais á ría que afectan "decisivamente" ao marisqueo
Por Oskar Viéitez
Baseándose en informes emitidos por Augas de Galicia, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra asegura que a empresa Ence está a verter materia orgánica e que a carga de bacterias coliformes fecais, máis dun millón de unidades por 100 mililitros, inflúen "decisivamente" na clasificación do banco marisqueiro de Lourizán como zona C.
Os voceiros do colectivo ecoloxista Benito Andrade e Antón Masa, presentaron o resultado destas inspeccións realizadas en setembro de 2013, a petición das confrarías de Lourizán, Pontevedra e Raxó.
Benito Andrade asegura que Ence "recoñece que hai un sistema de mestura" das augas residuais "con auga limpa" para baixar a temperatura, non obstante o colectivo ecoloxista asegura que a intención da pasteira é "rebaixar a contaminación" por dilución, algo que está "expresamente prohibido pola lexislación de Augas de Galicia".
Por este motivo, Defensa da Ría reclama o Goberno galego "que tomen accións para impedir a mestura de auga" e a clausura da comporta que comunica a auga limpa coa auga contaminada. Ademais piden que a Autorización Ambiental Integrada de Ence impoña niveis máximos a ese parámetro.
A APDR reunirase o próximo luns cos patróns maiores dos pósitos do fondo da ría de Pontevedra na lonxa de Campelo para informalos sobre a carga bacteriana detectada no informe, a súa procedencia e as consecuencias para o medio mariño.
A APDR convocará para o próximo 14 de xuño unha nova edición da Marcha contra Celulosas dende as alamedas de Marín e Pontevedra.
RESPOSTA AO PRESIDENTE DA CEG
O presidente da APDR, Antón Masa, criticou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, por pedir "cariño" cara á empresa, argumentando que Ence "non mostrou cariño cara á sociedade pontevedresa nin o medio ambiente".
Segundo Anton Masa o presidente da patronal galega trata de "presionar á administración e chantaxear á cidadanía" para que acepten a prórroga da concesión dos terreos que ocupa a factoría xunto á ría de Pontevedra.
Masa acusou a Ence de "destruír emprego de calidade" asociado á explotación dos recursos naturais e de ter reducido o equipo da fábrica 238 persoas a través dun "ERE encuberto"
Relacionadas:
-
A APDR convoca este sábado 21 a marcha en contra da concesión dunha prórroga a Ence
Por Redacción |
-
Antonio Casal: "As persoas con coñecementos técnicos saben que as coliformes non teñen nada que ver con ENCE"
Por Redacción |
-
As confrarías pedirán á Xunta que aclare se Ence verte bacterias fecais en Os Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE acusa a APDR de mentir e ocultar información coincidindo coa época electoral
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE acusa a APDR de mentir e ocultar información coincidindo coa época electoral
Por Oskar Viéitez |
-
Fernández Alvariño fai unha "defensa acérrima de ENCE" ante a "incerteza" sobre o seu futuro
Por Oskar Viéitez |