High tech made in Marín. Nodosa constrúe unha novidosa Ecodraga
Por Oskar Viéitez
O asteleiro marinense Nodosa xunto á empresa de Pontedeume Canlemar, o Centro de Investigacións Submarinas e as universidades de Vigo e A Coruña participan xunto ao Centro Tecnolóxico do Mar nunha singular inicitiva de I+D+i.
O seu obxectivo é o deseño dunha draga ecolóxica.
ÿ capaz de xestionar materiais contaminados
A draga esta deseñada para a limpeza por succión dos fondos mariños e dispón dun sistema de vertedura do material con menor impacto por dispersión do material dragado.
ÿ decir, este novo buque dragador, construido en Marín, e capaz de minimizar o impacto ambiental da súa actuación, tanto na zona de dragado coma na zona de vertedura, á vez que é capaz de xestionar materiais contaminados.
O barco é froito dunha equipa multidisciplinar formada por empresas galegas
A Ecodraga e un bo exemplo da máxima que dí a unión fai a forza.
Neste caso a partires dunha idea, propiedade intelectual do Centro de Investigaciones Submarinas, a execución dun equipo multidisciplinar formado por empresas galegas e a experiencia da promotora do proyecto Canlemar, empresa dedicada a la realización de trabajos de dragado portuarios, viu a luz este buque innovador.
Faltaban os cartos, e xa que cos bancos non se prestaron, o proxecto foi financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial a través do programa Interconecta Galicia.
O vindeiro mércores 21 de novembro será a xornada de lanzamento do proxecto Ecodraga