Falta de acordo entre Concello e 'Parque digno para perros'
Por Redacción
O concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, mantivo este mércores unha reunión coa Asociación Parque digno para perros. Miguel Filgueira reiteroulles que o Concello aposta pola convivencia pacífica entre cidadáns e animais no espazo público "coma sempre, presidida polo sentido común".
O colectivo de propietarios prantexou unha posible repartición de espazos por horarios e situacións, unha opción que vai ser estudada dende o Concello.
O concelleiro lembrou que esta polémica trasladouse ao plano público cando a Policía iniciou unha campaña de control de cans na rúa. Nesta ocasión impuxéronse 15 multas, das cales 10 foron a animais potencialmente perigosos por camiñar pola rúa, de día, sen correa nin bozo. Dende a Concellaría lémbrase que o Concello ten censados 10.000 cans chipeados dende 2009, "polo que as 15 multas impostas son unha porcentaxe irrisoria en función do número de animais chipeados, e moito máis si se ten en conta os que non o están".
A pesar das críticas procedentes deste colectivo, o concelleiro anunciou que o Concello non deixará de cumprir o bando a este respecto. ÿ dicir, non deixará de controlar os animais na vía pública, especialmente en horas de gran afluencia de persoas na rúa, e non rebaixará as contías das multas que poden chegar a un máximo de 300 euros, porque así está fixado no bando.
Relacionadas:
-
Inician unha recollida de sinaturas para habilitar áreas en zonas verdes para que paseen os cans
Por Redacción |
-
Organizan tres andainas con cans para mellorar a convivencia entre animais e cidadáns
Por Alejandro Espiño |
-
Avogan polo establecemento de horarios para os cans en zonas verdes
Por Oskar Viéitez |
-
Na procura dunha solución para máis de 9.000 cans censados en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os membros de 'Por un parque digno para perros' volverán protestar o sábado 12 con bozo e correas
Por Redacción |