Carmen Estonllo, 104 anos de vitalidade
Por Redacción
Nada en 1910, Carmen Estonllo Fontán é todo un exemplo de vitalidade aos seus 104 anos de idade.
Coincidindo co seu aniversario, o alcalde de Pontevedra achegouse ata O Marco, ao seu domicilio, para visitala por quinto ano consecutivo.
Desde que se uniu ao club dos centenarios recibe ao alcalde cada ano, con quen xa parece ter confianza.
O rexedor, ramo de flores en man, gozou das anécdotas dunha das veciñas máis lonxevas do municipio.