O 'codillo' conquista A Lama na décimo cuarta edición da festa gastronómica
Por Redacción & Diego Torrado
A Alameda da Lama encheuse de comensais na décimo cuarta edición da Festa do Codillo.
Nesta ocasión o prato estrela foi o 'codillo' estofado, pero os asistentes puideron degustar tamén polbo, empanada e filloas.
A xornada contou ademais con diversos postos de artesanía e unha exposición de motocicletas antigas a cargo da asociación Motos Vintage, todo iso amenizado pola Charanga Os Encerellados e o grupo Os Coribantes de Buchabade, que ofreceron un concerto no recinto.
Como nota destacada, o prezo da ración de 'codillo', prato de barro conmemorativo, pan, vino e cubertos reduciuse dos 10 euros de edicións anteriores a 8.
Segundo a organización vendéronse a case totalidade dos 600 tickets que daban dereito a unha ración.