Detido na avenida de Lugo cunha motoserra roubada horas antes en Avión (Ourense)
Por Redacción
A Garda Civil detivo na avenida de Lugo da cidade de Pontevedra o suposto ladrón dunha motoserra que fora substraída horas antes en Avión, na provincia de Ourense.
Os feitos aconteceron o venres 16 de maio. Un veciño denunciou no posto da Garda Civil de Beariz (Ourense) que lle roubaran unha motoserra e a denuncia fíxose chegar a outras Forzas de Seguridade. Ese mesmo día, pero máis tarde, axentes do posto de Pontevedra localizaron a citada ferramenta a bordo dun turismo Nissan Serena.
Ao longo da fin de semana, efectivos do posto da Garda Civil de Ponte Caldelas interceptaron na localidade de Silvoso un veciño de Soutomaior cando pilotaba un ciclomotor carecendo do preceptivo seguro obrigatorio e coa ITV caducada.