O provedores do Concello de Pontevedra "só" tardan unha media de 42 días en cobrar
Por Alejandro Espiño
"Aquí págase con axilidade". ÿ a reflexión que fai o concelleiro de Facenda, Raimundo González, sobre o pago a provedores no Concello de Pontevedra. E é que en apenas nove meses, logrouse cumprir a lei de morosidade aprobada recentemente polo Goberno. Esta lexislación establece que o tempo medio de pago de facturas non debe exceder os 40 días. No caso de Pontevedra, no terceiro trimestre do ano, reduciuse a 42 días.
Unha cifra que, segundo Raimundo González, en realidade aínda é máis baixa. "Se inclúen como facturas varias taxas que temos que pagar á Autoridade Portuaria e que estamos negociando condonar por parte da súa débeda", facturas que superan os 1.000 días e que, obviamente, eleva a media total. En todo caso, desde os 76 días de media do primeiro trimestre, logrouse reducir o tempo de espera nun 45 por cento.
"Son datos moi positivos", segundo o edil nacionalista, que os achacou á maior axilidade administrativa da maquinaria municipal na xestión e certificación de facturas. En total, no terceiro trimestre de 2012, pagáronse facturas por valor de 8,5 millóns de euros.
En todo caso, o obxectivo do Concello de Pontevedra é chegar a pagar as súas facturas nun prazo máximo de tempo non superior aos 30 días. Para iso, recentemente distribuíu unha circular entre os funcionarios na que se detalla todos os pasos que hai que dar neste tipo de procedementos e o tempo de permanencia en cada servizo.