Menéndez Estébanez é o único candidato a presidir a Audiencia Provincial
Por Redacción
A candidatura de Francisco Javier Menéndez Estébanez foi a única en presentarse para presidir a Audiencia Provincial de Pontevedra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Menéndez é o actual presidente do Tribunal Provincial e seguirá séndoo durante cinco anos máis se así o decide a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Esta decisión adoptarase despois de escoitar o proxecto de Menéndez Estébanez para os próximos cinco anos. Este encontro terá lugar o próximo mes de xuño, para que o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial poida tomar a súa decisión a finais deste mesmo mes.