Auguran "un futuro brillante" para a Escola Naval
Por Oskar Viéitez
O Almirante Xeral Xefe de Estado Maior da Armada, Jaime Muñoz-Delgado e Díaz del Río, fixo este martes a súa primeira visita oficial á Escola Naval Militar de Marín onde tivo a oportunidade de percorrer as instalacións onde se forman e viven os futuros oficiais da Armada, entre elas os simuladores de navegación, o planetario, o pañol histórico, a biblioteca académica, o casino de alumnos e ademais o Centro Universitario da Defensa, situado na Escola.
"Desde mi toma de posesión he decidido hacer una visita a todas las unidades de la Fuerza y la Escuela Naval es una institución y una dependencia importante en el entorno de la Armada", declarou aos medios de comunicación.
Jaime Muñoz-Delgado asegurou que non perdeu o contacto coa Escola xa que fai só tres meses como Xefe do Apoio Logístico xa estivo aquí, "me la conozco, pero yo quiero una relación directa con los profesores y con los alumnos para escuchar sus problemas desde otro punto de vista diferente que el de 'no tengo dinero', algo distinto a eso", afirmou.
"Yo creo que sin hablar de dinero, porque ya estamos todos lloraos, el futuro de la Escuela el futuro es brillante", afirmou o Almirante Xeral Xefe de Estado Maior da Armada.
E fronte a aquelas "voces" que propoñen que a Escola Naval Militar, próxima a cumprir o seu setenta aniversario na nosa vila, debería ser desmantelada e abandonar as súas actuais instalacións o Almirante Xeral dixo que o futuro da Escola esta "ligado a Marín, sin duda, yo sé que hay voces que hablan sobre este tema pero desde el punto de vista de la Armada esta es una relación win-win, todos ganamos".
E insistiu en que "hay una magnífica relación la Escuela, que está perfectamente establecida en el pueblo y yo estoy convencido de que el pueblo también gana. Marín también es conocido en España precisamente porque está la Escuela Naval militar, hay un beneficio económico, hay una importante relacion cultural y eso hay que potenciarlo", concluíu.
Esta tarde o Almirante Xeral impartió unha conferencia na Biblioteca Pública "Vidal Pazos" de Marín, sobre a Armada e a Escola Naval Militar, o seu presente e futuro.