Moreira pon a Tafisa de exemplo do "desastroso fracaso" das operacións urbanísticas de Lores
Por Alejandro Espiño
O previsible peche de Tafisa é un "epílogo lamentable", segundo o voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, a un convenio urbanístico que cualifica como "otro de los grandes fracasos de Lores, otra de sus grandes y prometedoras gestiones que finaliza en una completa decepción". Ao alcalde responsabiliza tamén da renuncia da Universidade de Vigo ao construír o Edificio das Artes e de que o grupo LAR non puidese edificar a súa promoción inmobiliaria.
Todo iso, sinalou, a raíz do convenio asinado en 2003 entre a empresa e o goberno local para que a empresa abandonase as súas instalacións a beiras do Lérez. Foi un acordo, segundo Moreira, "con el que solo ganó la empresa portuguesa" e provocou unha serie de "lamentables consecuencias", entre elas, a perda do convenio coa Universidade de Vigo, que tería cedido á súa vez o antigo cuartel de San Fernando ao Concello.
Na rolda de prensa, o concelleiro Ricardo Aguilar asegurou que "Lores tenía que haber defendido los intereses de la ciudad y a los trabajadores de Tafisa, no hizo nada y ahora vienen los problemas, la fábrica cierra y el alcalde aparece fuera de tiempo". O edil popular culpou ao goberno municipal de que "tardaron siete años en entregar los terrenos" e de non tramitar o expediente urbanístico de forma axeitada, o que levou ao seu aparente estado de abandono.
"El convenio se convirtió en humo y lo único que ganó Pontevedra fue el traslado de la vieja factoría, pero no hay ni parque público, ni Edificio de las Artes, ni puestos de trabajo", insistiu Jacobo Moreira.
Neste sentido, os populares aseguran que o "fracaso" de Tafisa é un exemplo máis da "especial habilidad" do goberno municipal para desenvolver "desastrosas operaciones urbanísticas" e que se suma, segundo denunciou, "al frustrado PXOM, al convenio con la ONCE que parece seguir el mismo camino que Tafisa o la interminable espera de la Consellería de Presidencia por la cesión de los terrenos para el edificio judicial".
A pesar diso, Jacobo Moreira asegura que presionará á Consellería de Traballo para que "revise con lupa" o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa. Neste sentido, anunciou que se reunirá co comité de empresa de Tafisa o próximo luns para analizar as posibilidades que existen para forzar a compañía a que cumpra cos seus compromisos de mantemento de emprego na comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Ultimátum dun mes ao Grupo Lar para que finalice a urbanización dos terreos de Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
Na procura dun socio inversor para as instalacións de Tafisa
Por Redacción |
-
Novo interese da propietaria dos antigos terreos de Tafisa polo seu aproveitamento urbanístico
Por Alejandro Espiño |
-
O persoal de Tafisa demanda ao PP unha entrevista urxente coa Xunta
Por Redacción |
-
Traballadores de Tafisa xunto ás súas familias maniféstanse contra o peche da fábrica
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O convenio de Tafisa non obriga a que se manteña na comarca, pero Pontevedra tratará de presionalos
Por Alejandro Espiño |