O partido de Beiras intenta facerse un oco no Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), que lidera Xosé Manuel Beiras, intenta facerse un oco no Concello de Pontevedra.
A través da presentación de mocións para o seu debate no pleno da Corporación local esta formación reivindica a súa cota de protagonismo na política local.
A moción presentada hoxe por rexistro pretende que o Concello adopte "criterios para combater o cambio climático".
Xoán Hermida, portavoz de Espazo Ecosocialista, partido integrado en AGE, explicou que esta é a primeira de toda unha serie de mociones que presentarán no concello de Pontevedra "convertíndonos dalgunha maneira nunha nova forza, participando, seguindo os plenos e tomando posicións sobre os temas municipais que se traten", afirmou.
O partido de Xosé Manuel Beiras foi un dos triunfadores das eleccións galegas. O veterano líder do nacionalismo galego logrou, coa súa nova formación Alternativa Galega de Esquerda, converterse na primeira opción do nacionalismo con 9 escanos. A cidade do Lérez figura entre as próximas metas que se marca.
Xoan Hermida advertiu que o regulamento de participación cidadá de Pontevedra está "moi obsoleto" e permite ao alcalde "case en exclusiva" decidir que asuntos van ao Pleno, polo que se temen que a moción de AGE "quede nun caixón", aínda que sinala que contan con esta posibilidade o que non lles vai a desanimar.
A iniciativa presentada hoxe é de Espazo Ecosocialista, que esta integrada na coalición AGE, da que forman parte tamén EU, Anova e Equo.