Estrélase en Monte Lobeira (Vilagarcía) un helicóptero particular con tres pasaxeiros a bordo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un helicóptero particular estrelouse na noite do sábado cando sobrevoaba a zona de Monte Lobeira (Vilagarcía de Arousa). A aeronave, na que viabajan tres persoas, precipitouse en pleno voo por causas que aínda se descoñecen. Sospéitase que unha avaría no rotor de cola podería ter sido o que provocou o accidente.
Segundo informa o 061, o sinistro produciuse sobre as 21.48 horas. Foi no momento no que recibiron a primeira chamada de auxilio, realizada ao parecer polo propio piloto do helicóptero. Trátase de Jorge García, un veciño de Vilagarcía de 35 anos de idade. El foi o único dos tres ocupantes que resultou ferido grave. As outras dúas persoas, dúas mulleres veciñas de Sanxenxo, presentan tan só lesións leves
O accidente produciuse despois de que o piloto perdese o control do aparello, preto da cima de Monte Lobeira. Foi alí cando tería comezado a fallar o rotor de cola. O aparato acabou estrelándose nunha finca particular da parroquia de Cornazo.
O helicóptero foi localizado polo servizo municipal de Urxencias de Vilagarcía nunha zona de difícil acceso, nas proximidades dun viaducto da circunvalación do Porto de Vilagarcía. Tardaron en atopalo, xa que a chamada de auxilio fora bastante inexacta. Ao piloto, para poder trasladalo ao Hospital do Salnés, houbo que evacuarlo en quad, ante a imposibilidade de chegar ata a zona cunha ambulancia.
O servizo municipal de Urxencias de Vilagarcía, que traballou intensamente na retirada do helicóptero, decidiu acordoar a zona debido á fuga de gasóleo que se produciu na aeronave.
Ao lugar do sinistro tamén acudiron axentes da Policía Local de Vilagarcía e da Policía Nacional e a Garda Civil, para comezar coas tareafs de investigación sobre o accidente.