Tres feridos nun accidente con tres vehículos implicados en Sanxenxo
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas este luns nun accidente de circulación con tres vehículos implicados no lugar da Granxa, en Sanxenxo.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o sinistro produciuse sobre as 10.00 horas no punto quilométrico 12,5 da estrada PO-308 e consistiu nunha colisión por alcance na que estiveron implicados un Hyundai i30, un Seat Ibiza e un Opel Astra.
O Hyundai, seguido polo Seat Ibiza, encontrábanse parados diante dun paso de peóns cando foron golpeados polo Opel Astra. Ao lugar acudiu a Policía Local de Sanxenxo.
O Hyundai estaba conducido por A.L.P., natural de Adina; o Seat Ibiza estaba conducido pola viguesa M.A.M. e o Opel Astra pilotábao a veciña de Caldas de Reis C.L.C.