Acaba no hospital tras golpearse cun tronco mentras recollía leña
Por Redacción
Ningún traballo por pequeno que sexa está exento de certos perigos laborais. Iso pensará un home de 43 anos de idade que resultou ferido nunha leira do concello pontevedrés de Meis. Tivo que ser atendido polos servizos de urxencias ao golpearlle un tronco cando recollía leña.
Segundo informou o 112 Galicia, o incidente tivo lugar sobre as 11.40 horas nunha leira particular situada na parroquia de Paradela (Meis). A chamada de auxilio realizouna un veciño da vítima, quen foi o que alertou de que o home estaba recollendo madeira para el cando lle caeu un tronco que lle golpeou no pescozo e peito.
Ao lugar do suceso desprazáronse unidades da Garda Civil, Protección Civil de Meis e o 061. Tras atendelo das súas feridas, foi trasladado ao Hospital de Montecelo, ao presentar policontusiones que requirían supervisión médica, segundo indicaron fontes sanitarias.