Os bombeiros sufocan un incendio nun taller da Avenida de Lugo
Por Diego Torrado
Efectivos do Parque municipal de Bombeiros de Pontevedra tivo que desprazarse ás 14.00 horas ata a avenida de Lugo tras recibir a alerta pola presenza de fume procedente do taller de vehículos Serauto onde se producira un incendio que afectou a dous vehículos que se encontraban no interior do local.
A dotación de bombeiros acudiu con rapidez á zona tras recibir a alarma e, unha vez que forzaron a porta do taller, conseguiron apagar o lume que prendera no motor dun dos turismos e se propagou a outro vehículo que se encontraba aparcado en fronte. No interior do taller non se encontraba ningún operario ao coincidir coa hora do xantar. Foi necesario que o retén ventilase as instalacións unha vez apagadas as lapas debido á gran fumareda que se orixinou.
Segundo informaron fontes do Parque de Bombeiros, a intervención durou apenas unha hora e os danos materiais se reduciron aos que sufriron os dous vehículos aos que afectou o lume. As lapas non chegaron a afectar a outras dependencias das instalacións.