Velatorio 'indignado' contra a masacre en Gaza
Por Natalia Puga
A Praza da Peregrina converteuse, por segunda vez no que vai de semana, en cita obrigada para aqueles que queren manifestar o seu rexeitamento á situación que se viviu nos últimos días na franxa de Gaza, antes do acordo de tregua entre Israel e as faccións palestinas acadado este mércores.
Este mércores pola tarde-noite, foi o escenario dunha protesta en forma de velatorio. Integrantes do colectivo Indígnate Pontevedra representaron ser víctimas do "xenocidio" que aseguran que se vive en Gaza e, tirados no chan, rodeáronse de candeas e de cartaces co que significa para eles a situación que está a vivir a poboación palestina.
"Sionismo igual a terrorismo", "Derribemos el nuevo muro de a vergüenza", "Malditas sean las guerras y los canallas que las apoyan", "Lo que está ocurriendo en Gaza es un genocidio", "Me mató la indiferencia del resto del planeta" ou un "Non á guerra" en tamaño xigante foron algúns dos lemas que sementaron a praza.
Os cartaces acompañaban aos 'cadáveres' que estaban velando medio centenar de simpatizantes, entre eles a filla do xuíz Baltasar Garzón, María Garzón, que atrasou media hora o acto de presentación do seu libro Suprema Injusticia en Pontevedra para acudir á protesta.
Con este acto, dende Indígnate Pontevedra pretenden "amosar o noso rexeitamento aos crímes israelís na franxa de Gaza que se están a producir na última semana coa complicidade da comunidade internacinal".
Todo nunha concentración a micro aberto na que, con música árabe de fondo, se leu un comunicado que recolle que "dende o colectivo cidadán 15M-Pontevedra, condenamos firmemente a ofensiva israelí lanzada contra a poboación civil da franxa de Gaza" e se dirixiron aos "gobernos locales, autonómicos e central do Estado español, para esixirlles que condenen públicamente os asesinatos cometidos polo goberno de Metanyahu".