Sobre dúas rodas polas rúas de Pontevedra para reivindicar máis seguridade nas estradas
Por Diego Torrado
A Plataforma Moteira para a Seguridade Vial mostrouse este domingo fiel á súa cita anual co Día Nacional da Moto e, a pesar da chuvia, un grupo de moteiros respondeu á convocatoria de facer un paseo reivindicativo pola rúas de Pontevedra para reclamar máis seguridade nas estradas.
O acto conxugou un apartado lúdico de gozar do paseo en moto e unha vertente máis reivindicativa para defender o uso da moto como vehículo de transporte e "esixir unha maior seguridade vial para nós e para todos os usuarios das vías en xeral".
Os organizadores déronse cita pola mañá no peirao das Corbaceiras, ao pé do Gremio de Mareantes, e a partir de aí elevaron as súas reivindicacións mentres facían ruxir as súas reivindicacións por distintas rúas de Pontevedra. Rematado o percorrido, a comitiva separouse e, cada un pola súa conta, os moteiros dirixíronse á alameda de Ponte Caldelas, onde o alcalde, Perfecto Rodríguez, os invitou a un aperitivo.