Nas festas de Cotobade actúan primeiro os da casa
Por Redacción
Se está a pensar en organizar unha festa en Cotobade e pedir para iso algunha axuda pública do Concello ou a Deputación, mellor que vaia pensando en que a amenice un grupo do propio municipio.
Este ben podería ser a mensaxe a mensaxe a navegantes que envían dende o Concello. O alcalde, Jorge Cubela, púxose en contacto con todos os representantes que organizan habitualmente festas no seu municipio trasmitiéndoselo.
Na carta remitida, Cubela exprica que para as próximas convocatorias de subvención do Concello á realización de festas a súa concesión estará supeditada á contratación de animación musical por parte dun grupo rexistrado no municipio. Tanto as que se financien con cargo ao Plan Cultural da Deputación Provincial coma as de financiamento propio municipal.
A misiva inclúe que os grupos rexistrados como cotobadeses e a actualidade son a Banda de Música Unión Musical de Mullereiro, a Asociación Cultural Foula, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio e a Asociación Catro Ventos.
O documento asinado por lle propio rexedor engade que só se admitirán excepcións a esta norma en caso de que os grupos citados xa estean ocupados para as datas nas que queira celebrarse a festa en cuestión.