A ciclomarcha "vintage" reúne 75 nostálxicos da bici
Por Diego Torrado & Redacción
A mellor bicicleta restaurada, a que conserva a esencia do antigo, a máis curiosa, mesmo a mellor indumentaria de época. A primeira Ciclomarcha de Bicicletas Clásicas e Antigas serviu para evocar épocas pasadas.
Os seus protagonistas partiron de Pontevedra ás nove e media da mañá do domingo camiño da Praza do Peirao de Combarro onde fixeron unha visita turística pola zona.
Organizada pola Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e Clásicas e os concellos de Pontevedra e Poio, a cita congregou 75 participantes con gusto polo deporte máis clásico.