Hai algo que mereza ser protexido na illa de Tambo?
Por Redacción
O Concello de Poio, a comunidade de montes de Combarro e os Grupos de Acción Costeira encargaron á Universidade de Vigo que elabore un estudo coas singularidades da illa de Tambo co propósito de lograr algún tipo de recoñecemento medio ambiental que protexa este enclave.
Estudarase a fauna, a flora, a xeoloxía ata as características de tipo etnográfico e cultural desta illa en proceso de desafección do Ministerio de Defensa.
Ao longo dos dous próximos meses un grupo de nove investigadores coordinados polo profesor Gonzalo Méndez, traballarán en Tambo buscando esas especificidades dignas de ser protexidas con algunha fórmula do tipo Parque Natural ou Paisaxe Protexida.
Tambo encóntrase baixo a protección da Escola Naval Militar de Marín. Polo momento o Concello de Poio non solicitou a súa titularidade que os veciños reivindican para desfrute público.
Relacionadas:
-
A proximidade de ENCE limita a protección ambiental de Tambo, segundo un estudo universitario
Por Redacción |
-
Comeza a investigación para determinar o valor patrimonial e natural da illa de Tambo
Por Redacción |
-
Reclaman a recuperación do Lazareto e da Igrexa da Illa de Tambo
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Combarro pedirán no Pleno poder xestionar a Illa de Tambo
Por Redacción |