Lourdes Ucha será a nova alcaldesa de Meaño en substitución de Jorge Domínguez
Por Redacción
Lourdes Ucha Varela, unha das tenentes de alcalde de Meaño, será finalmente a nova alcaldesa desta localidade pontevedresa, en substitución de Jorge Domínguez, falecido hai dous días despois de anos de dura loita contra o cancro. Esta decisión, segundo o PP, farase oficial nuns días.
A futura rexedora de Meaño explicou en Radio Arosa que "agora estamos impactados pero dentro duns días reunirase o grupo e decidirase. ÿ algo que xa falamos e eu asumirei esa responsabilidade dobremente grande, porque Jorge Domínguez é insubstituíble".
Ten claro que o seu principal obxectivo "é seguir o proxecto que iniciou Jorge en 1991 para tratar de culminalo. Non hai grandes proxectos a curto prazo porque a situación económica non o permite, pero temos que loitar polos veciños noutros aspectos".
Lourdes Ucha naceu na parroquia de Simes (Meaño). Entrou en política fai 17 anos da man do propio Jorge Domínguez. Nos diferentes gobernos municipais foi a responsable de cultura, educación e servizos sociais aínda que nos últimos tempos, explica, "asumín outras responsabilidades cando Jorge non podía facelo".