Veciños de Barro demandan melloras de seguridade na N-550 ao seu paso por San Antoniño
Por Diego Espiño
O elevado número de accidentes nese punto e o perigo que supón a diario para os habitantes de Barro levou a un grupo de veciños a concentrarse en San Antoniño para demandar melloras de seguridade vial na zona.
Trátase en concreto do cruzamento do Nacional 550 coa rúa Areal, á saída de San Antoniño en dirección a Caldas de Reis.
Os asistentes, convocados polo grupo municipal do BNG, solicitan medidas ao Ministerio de Fomento, titular da estrada nacional, e ao Concello de Barro, propietario da rúa Areal que completa o cruzamento.
Este asunto xa foi levado ao seu momento ao Pleno Municipal tras entregar preto de 400 firmas de veciños, onde se informou que Fomento non permite habilitar unha rotonda no lugar por existir un cambio de rasante próximo.
Os veciños aseguran que seguirán exercendo medidas de presión para buscar a solución a unha demanda formulada hai xa 5 anos.