Sen grandes incidencias nas 92 cacharelas autorizadas en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
A noite de San Xoán desenvolveuse con normalidade no relacionado ás 92 cacharelas autorizadas no Concello de Pontevedra, na cidade e nas diferentes parroquias.
As dúas concentracións máis numerosas foron as de Eduardo Pondal e Pedra do Lagarto, pero non as únicas. En ambas as dúas servíronse preto de 200 quilos de sardiñas aos veciños que se achegaron a tomar parte na tradicional celebración e cumprir cos seus diferentes ritos.
Durante a noite os Bombeiros de Pontevedra e Policía Local controlaron os lumes acendidos e só nalgunh caso houbo que intervir para controlar a altura das lapas, como na cacharela da Seca ao encontrarse próximo un cable de alta tensión.
Malia iso a celebración puido seguir o seu curso sen problemas de relevancia coa presenza de numerosos pontevedreses, a pesar de que este ano o día 24 tocou erguerse para acudir a traballar.