José Luis Pérez Estévez, alcalde de Meis, novo deputado provincial
Por Oskar Viéitez
José Luis Pérez Estévez, alcalde de Meis, será o encargado de substituír como deputado provincial ao recentemente falecido, Jorge Domínguez.
Así o decidiron no seu día os concelleiros populares do partido Xudicial de Cambados que ademais da candidatura que presentaron na que estaba incluído Domínguez e o propio presidente da Deputación, Rafael Louzán presentaron unha lista con tres suplentes máis, o primeiro José Luís Pérez Estévez.
Por outra parte, en canto á designación da persoa que o relevará na alcaldía, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, explicou que nos próximos días haberá unha reunión co grupo municipal na que se acordará quen será o que asuma esta responsabilidade.
Despois, seguindo o procedemento normal, someterase a votación esta proposta en sesión plenaria.
Hoxe, 23 de novembro de 2012, na súa primeira xuntanza, tralo pasamento de quén fora membro desta xunta de goberno da Deputación de Pontevedra, o deputado provincial don Jorge Domínguez Rosal, os membros deste órgano directivo da institución provincial, acordaron manifestar "a nosa condolencia e respeto por Jorge Domínguez Rosal, entrañable amigo, incansable traballador e leal colaborador deste equipo de goberno. E transmitir o noso sinceiro e sentido pésame á súa familia".
"Destacar o carácter exemplar dunha persona, Jorge Domínguez, tanto no plano personal como no ámbeto político, que adicou boa parte da súa vida aos demáis dende unha postura de radical honestidade, eficacia, tolerancia e vocación de servizo".
Finalmente o goberno provincial propón que, "para perpetuar a súa memoria e o seu exemplo entre os seus conveciños e cidadanía en xeral, o Pleno da Deputación de Pontevedra recoñeza, dalgún xeito, a figura de quén foi un alcalde emblemático, valorado e respetado por todos, e un deputado sempre constructivo á hora de buscar solucións aos problemas dos cidadáns".