Atraco express nunha farmacia da Illa: "pasó todo en dos minutos"
Por Natalia Puga
Un individuo coa cara semitapada e armado cun coitelo de "grandes dimensiones" entrou, ameazou a farmacéutica, pediulle todo o diñeiro que había na caixa e foise correndo. Así foi o atraco express acontecido este venres na Illa de Arousa.
"Tardaría dos minutos, no creo que fuera más", explica o propietario do establecemento, a farmacia situada na avenida Castelao da Illa. Carlos Casal non estaba no momento do asalto, a farmacéutica adxunta estaba sóla, pero ela non puiden nin falar para contar a experiencia: "el susto que se llevó la pobre muy grande".
Segundo indicou Carlos Casal, os feitos sucederon a mediodía, cando o resto dos traballadores da farmacia acababan de saír a comer. Abren de forma interrompida entre as 9.00 e as 22.00 horas, de modo que traballan a quendas.
"A las dos y diez, más o menos, entró una persona y amenazó a la farmacéutica adjunta con un cuchillo de grandes dimensiones. Estaba sóla, le pidió todo el dinero que había en la caja y se lo dio", relata, "el cuchillo asusta". O bote final foi duns 300 euros.
"Pasó todo en dos minutos, fue una cosa rapidísima", insiste o propietario. Está convencido de que "sabía muy bien lo que estaba haciendo" e que intentaba evitar ao máximo ser identificado, llevaba un gorro y con la ropa bien encajada y tapado hastas la punta de la nariz".
Tras o incidente, o primeiro que sofren neste establecemento, a vítima deu a voz de alarma, o propietario da farmacia avisou a Garda Civil e xa se abriu unha investigación para esclarecer o sucedido. Carlos Casal xa formalizou tamén a denuncia no cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa.