A alegría de deixar plantado
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A Horta do Leste, que o pasado outono acadou un grande éxito de participación e desfrute entre os veciños da zona, pretende o achegamento á poboación urbana ós ciclos dos vexetais comúns, a produción de alimentos e plantas ornamentais dun xeito san e ecolóxico, e mellorar o aspecto ambiental e paisaxístico da cidade.
Co nome de Horta do leste se pretende un achegamento á veciñanza deste barrio da Zona Leste de Pontevedra, dun xeito de familiarizarse cos cultivos no seu entorno máis cercano, neste caso coa plantación de hortalizas que se podan recoller no outono, e a plantación de herbas aromáticas que embelezan a zona.
Este luns celebrouse a plantación coma se dunha festa se tratase, ademáis realizouse un obradoiro gratuito de ganchillo que ambientará as estructuras nas que se localizará a horta. ÿ finalizar a plantación os asistentes desfrutaron de bizcoito e limonada caseras.