Emma Torres encabeza a única candidatura ao decanato de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción
A profesora Emma Torres, directora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, encabeza a única candidatura que se presenta ao decanato da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, cuxas eleccións se celebran o vindeiro xoves día 10.
"ÿ unha candidatura de continuidade cun equipo de profesionais que estamos dispostos a traballar arreo para mellorar o coñecemento do centro e das súas titulacións dentro da nosa contorna", subliñou Torres, que fixo tamén fincapé en que un dos seus obxectivos prioritarios será que a facultade teña un papel importante no Campus Crea, o gran proxecto de especialización do campus pontevedrés.
De acadar o apoio necesario na Xunta de Facultade, Emma Torres relevará no cargo ao profesor Celso Cancela, decano en funcións desde hai pouco máis de dous meses, cando substituíu a Juan Manuel Corbacho, que deixou o decanato para pórse ao fronte da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Esta é a primeira vez que unha muller opta ao decanato da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, un feito que Torres valora como "especialmente positivo, pois trátase dun centro no que a representación feminina é moi alta e, pola contra, ata o de agora, houbo moi poucas mulleres en cargos de xestión", subliñou Torres, quen si conta cunha ampla traxectoria no mundo da xestión, tanto como directora de departamento, como en equipos decanais, onde lle tocou enfrontarse a todo o proceso de adaptación dos títulos a Boloña.
Relacionadas:
-
Entre concelleira ou decana, Emma Torres elixe o primeiro
Por Redacción |
-
A nova decana de Ciencias Sociais, Emma Torres, impulsará os dobres títulos con outras universidades
Por Redacción |
-
Os estudantes de Dirección e Xestión Pública terán a posibilidade de formarse a través de Internet
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra será a sede dun viveiro de empresas temático, vinculado ás especialidades do campus
Por Alejandro Espiño |
-
Ciencias Sociais estrea decano... ata outubro
Por Redacción |