Forzan a fiestra dunha funeraria, revolven todo e vanse sen bote
Por Redacción
Os ladróns levaron bastante traballo, pero fóronse sen nada nun asalto nocturno ás instalacións dunha empresa funeraria do centro de Pontevedra
O asalto produciuse na madrugada do mércores ao xoves nas oficinas que ten Santa Lucía na rúa Manuel del Palacio. Alguén fracturou a fiestra de acceso para poder acceder ao interior.
Unha vez dentro, forzaron varias portas de armarios e caxoneiras e revolveron o interior do establecemento, pero os responsables da empresa non botaron en falta nada.
A Brigada da Policía Científica da Policía Nacional xa acudiu ao lugar para recompilar probas e abriuse unha investigación para esclarecer o sucedido.