Habilitan unha aula de verán para alumnos 'cateados'
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo puxo de novo a disposición dos estudantes que necesiten preparar exames nesta época do ano unha aula de estudo que conta con conexión wifi.
As instalacións, situadas no edificio de Usos Múltiples de Portonovo, permanecerán abertas ata o 26 de setembro de luns a venres, en horario de 18.00 a 22.00 horas.
Esta iniciativa da Concellaría de Educación e Cultura complementa o servizo que o Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo ofrece a través da Rede de Bibliotecas Públicas, que funciona estes tres meses con horario de verán.
Así, a Biblioteca Central de Sanxenxo Emilia Pardo Bazán e as instalacións de Portonovo e de Vilalonga abren o público ata o 27 de setembro de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. Á súa vez, a biblioteca de Sanxenxo tamén está operativa os sábados de 10.00 a 13.30 horas.