Mulleres en Igualdade reclama romper o silencio ante os abusos no Día contra a Violencia de Xénero
Por Diego Espiño
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, a asociación Mulleres en Igualdade de Pontevedra protagonizou unha concentración en busca de sensibilizar aos cidadáns ante posibles casos de abusos.
O acto celebrado baixo o lema "Unidos pola Igualdade", buscaba segundo a presidenta da asociación Beatriz Piñeiro, o rexeitamento social e implicar á sociedade na detección e apoio ante episodios de malos tratos, "lo que pedimos es romper el silencio. Cuando sepamos que alguien sufre abusos hay que denunciarlo, apoyar a esa persona y ayudarla, es la única forma de acabar con el maltrato porque el silencio es su mayor cómplice".
Os asistentes quixeron recordar a todas as vítimas de violencia de xénero e aos seus familiares, experesando ademais un desexo para un futuro non moi afastado verbalizado pola propia presidenta de Mulleres en Igualdade, "nos gustaría no tener que celebrar más este día".