O Juan Sebastián de Elcano regresa a Marín este domingo
Por Redacción
O buque escola da Armada española 'Juan Sebastián de Elcano' atracará o próximo domingo, 13 de xullo, no denominado Peirao de Torpedos da Escola Naval Militar de Marín.
O horario de chegada previsto será ás 17,30 horas, e será recibido polo comandante director da Escola Naval Militar, Juan Luis Sobrino Pérez Crespo, os oficiais profesores, o batallón de alumnos, a banda de música e os familiares e amigos dos gardamariñas embarcados.
A Armada anima ás embarcacións que o desexen a acompañar o veleiro no seu movemento dende as inmediacións do punto de fondeo, á altura de Bueu, ata o peirao de atraque na escola de Marín.
Así, permanecerá en Marín ata o día 17 de xullo para efectuar presenza naval nos actos de Xura de Bandeira e entrega dos Reais Despachos do día 16 de xullo na Escola Naval. Ao finalizar volverá ao seu porto base no Arsenal de La Carraca (Cádiz).
Durante a súa estanza realizaranse tres xornadas de portas abertas: luns e martes, 14 e 15 de xullo --de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas--. O mércores, 16 de xullo, poderá visitarse de 16,00 a 20,00 horas.
FESTAS DO CARMEN EN CARRIL
Unha compañía de gardamariñas, unha escuadra de gastadores e a banda de música da Escola Naval de Marín participarán na festividade do Carmen en Carril este xoves, ás oito da tarde.