Localizan en Cambados a octoxenaria de Vilanova que levaba catro días desaparecida
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A veciña de Vilanova de Arousa de 87 anos desaparecida dende o luns, Ángela Borragueiros, foi localizada sa e salva. Encontrouna a media mañá deste venres, catro días despois da súa ausencia, un veciño na zona de Corvillón, en Cambados, grazas aos ladridos do seu can.
Fontes de Protección Civil indicaron que a muller foi localizada nun terreo particular sobre as 10.30 horas. Estaba desorientada, pero ben de saúde, presentando apenas unhas rabuñaduras. Tras trasladala á súa casa, o veciño que a localizou deu alerta aos servizos de emerxencias. Tras a súa localización, foi atendida polos servizos sanitarios e trasladada por unha ambulancia de Protección Civil de Vilagarcía ao Hospital do Salnés para realizarlle un recoñecemento médico. A partir do momento en que a veciña de Corvillón deu o aviso da aparición, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron Urxencias Médicas, a Garda Civil e Protección Civil de Vilanova.
A zona na que apareceu fora peiteada xa en días previos polos membros do operativo de busca, no que había efectivos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, pero a muller apareceu nun terreo particular ao que non se accedera.
O operativo de busca para localizar a esta octoxenaria de Tremoedo establecérase na noite do luns, despois do cal os seus familiares desen a alerta da súa desaparición esa mesma tarde, e nel víronse implicados veciños da zona, voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Vilanova e Cambados, a Policía Local de Vilanova e a Garda Civil. Este Corpo despregou unidades con cans de rastrexo.