O concerto de Carlos Baute e o pregón do Trío Ruada abren unha semana de festas en Marín
Por Diego Torrado & Natalia Puga
Chegou a semana grande de Marín, a que moitos esperan todo o ano e na que a localidade se enche de visitantes como ningún outro momento do ano. Están aquí as Festas do Carme e este sábado comezaron ao grande co pregón do Trío Ruada e o concerto de Carlos Baute como pratos fortes da xornada.
Baute logrou encher o Parque Eguren non só co ritmo das súas cancións de sempre e do seu último disco, senón con espectadores entregados. El mesmo agradecía, despois da actuación, a "enerxía" dos marinenses, que se desbocou cando empezou a soar "ÿsta es la historia de una mujer que me tiene loco...". Estaba aí o último grande éxito do venezolano, 'Ay mami', e todos o bailaron.
A xornada festiva empezara xa pola mañá en Marín co pasarrúas de 'Airiños de San Xulián', pero foi a partir das 20.30 horas cando se sucederon os principais actos do día. A esa hora chegou o pregón, que este ano estivo a Cargo de Ignacio García, do Trío Ruada. El e a alcaldesa, María Ramallo, deron por inauguradas as festas 2014 ante unha Alameda na que as cadeiras instaladas polo Concello non chegaron para acoller a todo o público.
Unha hora despois chegaría ao mesmo lugar o XXV aniversario de Airiños de San Xulián e a impaciencia por esa cita xa tería enchido os arredores antes mesmo do pregón. O Trío Gaifonía, Juan J. Marín e a Banda de Gaitas empezaron a animar unha noite na que 23.00 horas empezou unha verbena da Orquestra Xacobeo na praza de España e media hora máis tarde o esperado concerto de Carlos Baute.
A programación continúa moi completa este domingo. De mañá haberá pasacalles e actuación do grupo Trébede na Alameda e pola tarde, ao mesmo tempo que o Buque Escola Juan Sebastián Elcano atraca na Escola Naval, celébranse na Alameda o terceiro Memorial Antonio Fernández e o 40 Aniversario dos Chaneiros. Será a partir das 18.00 horas e, xa pola noite, ás 23.00, volverán a verbena da orquestra Pontevedra á praza de España e un concerto ao parque Eguren. A estrela da xornada será a cantautora Rosana.
Relacionadas:
-
Inmobilizan un camión da Orquestra Panorama en Marín por exceso de peso
Por Redacción |
-
Rosana repasa os grandes éxitos da súa carreira nun multitudinario concerto en Marín
Por Diego Torrado |
-
O Juan Sebastián de Elcano regresa a Marín este domingo
Por Redacción |
-
Panorama, Carlos Baute e Rosana porán banda sonora ao Carme de Marín
Por Redacción |