Os callos de Meis consolídanse como o mellor remedio contra a calor
Por Redacción
A punto de cumprir as súas vodas de prata, a Festa dos Callos de Meis segue gañando adeptos e consolidouse como o mellor remedio contra a calor que adoita ser habitual no fin de semana de xullo no que se organiza cada ano dende fai 24. Este domingo volveu encher o recinto.
A organización preparara 6.000 porcións e, para dar conta delas, déronse cita no Campo da Feira de Mosteiro miles de persoas. A asistencia masiva motivou longas colas de persoas tanto para poder recoller unha das cazolas de calos coma para poder, posteriormente, sentarse nunha das mesas preaparadas baixo unha carpa.
Un bo número dos asistentes optaron por encher o tupperware e levalo para gozar dunha boa porción de calos na casa.