Defensa e a Xunta asinan o convenio para a vixilancia dos montes, que comeza o martes
Por Natalia Puga
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e representantes militares asinarán este luns o convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e a Xunta para a prevención de incendios forestais durante a campaña 2014. ÿ o documento que permite a posta en marcha da operación 'Centinela Gallego' de prevención, vixilancia e disuasión da actividade incendiaria.
O operativo comezará, como nos últimos anos, este martes 15 de xullo e, tras a firma do convenio deste luns en Santiago, Rosa Quintana e o xeneral da Brigada de Infantaría Lixeira Galicia VII, Luis Cebrián Carbonell, presenciarán a saída das primeiras patrullas da base Xeneral Morillo.
As patrullas activaranse ás 00.00 horas da noite e os primeiros militares xa estarán a facer unha vixilancia activa dos montes a primeira hora da mañá, pero o resto sairán da base a media mañá en presenza da conselleira e o xeneral.
Medio Rural evitou dar detalles do convenio antes da súa firma, pero transcendeu que seguirá os termos básicos do convenio marco de colaboración subscrito entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia dende o ano 2007. Segundo avanzou o propio xeneral en xuño, non se esperan cambios transcendentais con relación ao ano 2013.
Segundo ten infomado a Brilat, Cebrián Carbonell foi designado para exercer o control das forzas militares participantes na operación, que se desenvolverá entre o 15 de xullo e o 15 de setembro e implicará militares da Brigada pontevedresa e o Tercio Norte de Infantería de Marina, con sede en Ferrol.
A participación das Forzas Armadas, no seu nivel inicial, será de 25 patrullas, podendo aumentarse o devandito número en función do nivel de esforzo. A Brilat desprega neste nivel inicial 20 patrullas e o Tercio Norte de Infantería de Marina, cinco.
Relacionadas:
-
Os comuneiros, "perplexos" co convenio polo que a Brilat vixía os montes en prevención de incendios
Por Redacción |
-
A Brilat conclúe a vixilancia dos montes galegos cun cento de avisos por incendios
Por Redacción |
-
Os soldados da Brilat dan 50 avisos no seu primeiro mes de operación contra os incendios
Por Redacción |
-
Os militares da Brilat inician o seu despregamento polos montes galegos
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Brilat planifica xa a operación 'Centinela Gallego' e en setembro comezará o seu adestramento para Mali
Por Natalia Puga |
-
A Brilat alerta de 130 lumes e posibles incendiarios na campaña de prevención de incendios
Por Natalia Puga |