Os taxistas de Marín xa instalaron os taxímetros pero continúan sen tarifa de contador
Por Redacción
Os asociados da Asociación de Autopatronos do Taxi Rías Baixas informaron que xa procederon a instalación do contador taxímetro nos vehículos destinados ao servizo, rematando a instalación do último aparello o mércores da pasada semana.
Dende esta asociación mostraron a súa satisfacción pola implantación deste sistema de cobro, xa que garantiza un cobro transparente para o usuario, redundando unha mellor calidade do servizo. Deste xeito os autopatronos dan cumprimento da Ley 4/2013, de 30 de maio de Transporte Público de Persoas en Vehículos de Turismo de Galicia.
Sen embargo o Concello de Marín informou que este luns 14 de xullo, data en que resulta de aplicación a obriga legal de comezar a prestar servizo co sistema de cobro do taxímetro, o Concello aínda non ten vigor as tarifas aplicables a os servizos urbanos de taxi con taxímetro. Nunha notificación dirixida aos taxistas o Concello incoa a que en tanto non sexan aprobadas as novas tarifas, resultarán de aplicación as tarifas establecidas para os servizos interurbanos de taxi.
A efectos prácticos o usuario vai atoparse na situación de que polo mesmo traxecto nun mes cóbraselle un prezo, durante uns meses outro moi inferior e posteriormente outro considerablemente superior os anteriores.
A citada lei daba un prazo dun ano para a adaptación das tarifas o taxímetro, sinalización dos límites de fin de límite urbano e a elaboración dun novo regulamento.
Xa en xaneiro a xunta directiva desta asociación recordoulle o concelleiro de Tráfico a dita obriga de actualizar as tarifas, novamente volveullo a recordar en marzo. Sen embargo non se fixo nin o mais mínimo caso das nosas recomendacións, lamenta esta asociación que critica o total abandono ao que ten sometido o servizo público de taxis do noso concello.
O colectivo fixo unha inversión no aparello taxímetro, isto ademáis conleva unha suba no seguro obrigatorio (pasa de ser vehículo de alugueiro con conductor a ser taxis), instalación de tarifas co seu precintado correspondente, pasar a I.T.V. e cambio da documentación do vehículo.
Grazas o Concello o que nos vai xerar esta deixadez é unha perda económica nos servizos urbáns e a parte cando nos presenten as novas tarifas teremos que volver cambialas, máis o precintado e o paso da I.T.V. Cada unha destas operacións leva consigo un importante custo económico, sinalan.
Aínda tiñamos a esperanza de que o concelleiro de Tráfico e a alcaldesa cumpriran coa sua obriga e tiveran as tarifas aprobadas. Lembrar que o único que tiñan que facer era aprobalas no pleno e envialas a Santiago, xa que o estudo das tarifas xa llo deron feito.
A Asociación Rías Baixas aclara que non existe ningún tipo de enfrontamento entre os membros do colectivo polo tema das tarifas. E aclaran que non fixemos ningunha alegación as tarifas remitidas polo Concello a fin de non retrasar a sua aprobación e instalación nos contadores no prazo establecido.