Campalledo, de campamento en Carballedo
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, deulle a benvida aos 30 nenos da primeira quenda do Campalledo. Esta actividade consiste na celebración dun campamento de pernocta en Carballedo para nenos. Comezou no verán de 2011, polo que esta será a cuarta edición.
60 rapaces, divididos en dúas quendas de 30 nenos, durante 15 días gozarán da convivencia, da natureza, dos recursos e de numerosas actividades que ofrece Cotobade. Este ano, ademais das prazas reservadas para os nenos empadroados en el municipio, reciben a nenos de Bembrive ou A Coruña.
A organización do Campalledo licitouse polo procedemento de concurso público aberto, cun prezo de licitación de 12.000 euros, ganando a empresa adxudicataria o procedemento entre 4 empresas en 8.900 euros máis o 10% de IVE.
Jorge Cubela, sinalou que "dende que entramos no goberno municipal incrementamos a inversión en actividades de ocio, deportes, educación e conciliación familiar para os máis cativos nun 50%, chegando a inversión neste verán ós 20.000 euros".
Este ano o proxecto recibe o nome de A volta ao Mundo 2014, diferentes actividades achegarán a costume e curiosidades dos diferentes países do mundo, comeza en Cotobade e pasa por China, Londres, Italia, Sudafrica, Australia e Nova York.
Esta actividade é moi valorada polos pais, xa que permite aos seus fillos a relacionarse con outros rapaces nun ámbito lúdico saudable. afastados durante unha semana das videoconsolas, a televisión e todo ocio pasivo. Con esta experiencia dan valor ao compañerismo, o traballo en equipo, a cooperación, o respecto ou a tolerancia, o que lles vai a permitir compartir experiencias moi diversas cos demais rapaces e axudalos no seu desenvolvemento integral como persoas.