A Xunta inicia obras de mellora do firme en máis estradas
Por Redacción
Este luns iniciáronse novas obras de reforma e mellora do firme nas estradas PO-548 entre Pontecesures e Vilagarcía; na PO-303, entre Samieira e Castrelo, e na VG-48 entre Campañó e Poio, actuacións que supoñen un investimento de case 180.000 euros.
A estes traballos hai que sumar os que tamén se están a realizar co mesmo fin na PO-305 entre Vilagarcía e Caldas de Reis, e na PO-531, que enlaza Pontevedra con Vilagarcía e na que se están a investir case 600.000 euros, a Xunta informou de que os traballos estanse a executar a bo ritmo o que permitirá que se rematen no prazo fixado.
En concreto, os traballos céntranse no fresado e reposición da capa de rodadura, a reposición da capa intermedia e o selado de gretas. Tamén se están a repoñer marcas viarias e balizamentos.
Relacionadas:
-
A estrada entre Xeve e o Pontillón estrea a súa nova "pel de cocodrilo"
Por Redacción |
-
A estrada de Vilagarcía estará en obras ata finais de agosto
Por Redacción |
-
Agustín Hernández despídese de Pontevedra anunciando melloras na estrada PO-531
Por Redacción |
-
A Deputación destina 270.000 euros a diversas obras e subministracións para Vilaboa e Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza o 'zafarrancho' de asfaltados para reparar o estado das rúas do centro urbano
Por Redacción |