A Policía Local de Vilagarcía impón 105 sancións por exceso de velocidade en dúas semanas
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía rematou este domingo a súa nova campaña de control de velocidade polas principais rúas e accesos da cidade.
Dende o día 30 de xuño e ata o 13 de xullo, e co coche-radar cedido unha vez máis pola Dirección Xeral de Tráfico, os axentes municipais controlaron 16.680 vehículos, dos que só 105 foron obxecto de denuncia.
Ao longo deses 14 días a Policía estableceu controis en diversos puntos da cidade.
Onde máis entre 4 e 7-, na avenida de Vilanova (saída cara Cambados), Valentín Viqueira (saída de Carril cara Padrón e Santiago), Agustín Romero (saída a Pontearnelas) e avenida de Pontevedra (saída para a capital da provincia). Tamén se estableceron controis noutras saídas e entradas menos transitadas ou complementarias das anteriores, como O Vento, Arealonga, Cornazo, Valle Inclán, Outeiro de Cea ou Vilar-Bamio.
Os maiores rexistros de velocidade se deron na avenida de Valentín Viqueira, en Carril, con 107 e 105 km/h, e na avenida de Vilanova, en Sobradelo, con 103 km/h.