Oito carrozas enchen de cor as rúas de Marín na tradicional Batalla de Flores
Por Diego Torrado
As rúas de Marín volveron encherse de cor coa tradicional Batalla de Flores. Oito carrozas, todas elas adornadas con motivos musicais, participaron neste desfile nocturno que atraeu a numerosos marinenses debido á súa vistosidade. Ao celebrarse tras a posta de sol, a iluminación con lámpadas tipo led que levaba cada unha das carrozas este ano creou un ambiente especial.
A saída tivo lugar sobre as 21.30 horas dende o interior do porto. O percorrido do desfile foi o habitual pola avenida de Ourense, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Areal, para concluír na rúa Vidal Pazos.
Os ocupantes das carrozas, na súa maior parte menores que estiveron acompañados por varios adultos, tamén ía disfrazados como músicos con pantalón escuro, camisa branca e lazo; ou de festa, con traxes brillantes, de cores rechamantes e bailarinas. Tamén houbo algún disfraz alternativo de instrumentos ou notas musicais.
A Batalla de Flores é un dos eventos máis populares que se celebran en Marín con motivo das festas en honor á Virxe do Carme, que se celebran no municipio ata este mércores.
Relacionadas:
-
O xoves ábrense as inscricións para a Batalla de Flores de Marín
Por Redacción |
-
Satisfacción no equipo de María Ramallo polo resultado das festas do Carme
Por Redacción |
-
Rosana repasa os grandes éxitos da súa carreira nun multitudinario concerto en Marín
Por Diego Torrado |
-
A batalla de flores de Marín será nocturna este ano
Por Redacción |