Identifican unha muller que subtraera máis de 6.000 euros en xoias nun domicilio pontevedrés
Por Redacción
Axentes da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron unha muller de 33 anos, veciña de Pontevedra, como presunta autora dun delito de furto de xoias nun domicilio de Pontevedra tras a denuncia que, o pasado 7 de xullo, realizou unha veciña pontevedresa ao comprobar que lle subtraeran no seu domicilio varias xoias, valoradas en 6.000 euros.
As portas de acceso á vivenda non foran forzadas e a investigación realizouse no ámbito da denunciante. Desta forma, os axentes comprobaron como a muller detida vendera xoias nun establecemento de compra-venda da cidade. A muller, segundo informa a Policía Nacional, subtraera e vendera: unha cadea de ouro, un reloxo de ouro, tres pares de pendentes, dúas pulseiras, dúas gargantillas e tres sortellas.
A propietaria recoñeceu fotograficamente as xoias que foran vendidas, pero non foi posible a recuperación ao ter sido enviadas a fundición.
Ás 12.30 horas do 10 de maio, a presunta autora do furto foi localizada e trasladouse á Comisaría de Policía para prestar declaración.
Relacionadas:
-
Detidos por roubar 6.000 euros en xoias dun domicilio ao que entraron por unha fiestra aberta
Por Redacción |
-
Identificado por furtar 2.000 euros en xoias do domicilio dunha coñecida
Por Redacción |
-
Deteñen dúas mulleres por roubar xoias a un home na rúa e aos seus maridos por intentar vendelas
Por Redacción |