Marín aproba o acondicionamento da entrada ao Mercado de Abastos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O equipo de goberno de Marín vai levar a cabo as obras referentes ao proxecto de acondicionamento do acceso principal ao mercado de abastos que xa conta coa autorización de Patrimonio.
A única alegación ao proxecto foi presentada polo grupo municipal do BNG e, segundo informan dende o goberno marinense, serán desestimadas porque a alegación se centra nos sentidos de circulación que, non obstante, continuará sendo de único sentido.
Tampouco se atende á petición dos nacionalistas de pechar a porta de entrada ao Mercado por Exército e Mariña a partir dunha determinada hora. Segundo as fontes municipais, esta petición non conta co apoio dos usuarios ao tratarse do acceso principal. Manteranse, ademais, as actuais 15 prazas de aparcadoiro.
O equipo de goberno ten previsto proceder a licitar os pregos de condicións que serán aprobados pola Xunta de Goberno para a súa posterior adxudicación.
Pola súa parte, o BNG a través dun comunicado lamenta que o PP "recorra ás mentiras para desestimar as alegacións ao proxecto da Praza de Abastos". Insisten en que o deseño aprobado polo goberno local eliminará prazas de aparcamento e manterá a posibilidade do dobre sentido da circulación.
Relacionadas:
-
O ámbito da Praza de Abastos de Marín adapta o seu horario de aparcadoiro aos clientes
Por Redacción |
-
Finalizan as obras no ámbito do mercado municipal
Por Redacción |
-
A empresa Narón SL acometerá a reforma do acceso principal á Praza de Abastos de Marín
Por Redacción |
-
Unha subvención da Xunta permitirá afrontar melloras nos mercados de Marín e Seixo
Por Redacción |